jueves, 29 de noviembre de 2012

Coas mans na masa

Levamos xa varias semanas dándolle á cociña creativa nas clases de Apoio Domiciliario, pese as poucas cousas coas que contamos, a nosa imaxinación e arte culinaria non ten medida, se non mirade que pinta teñen os últimos postres que realizamos, e para que non morrades coa envexa, velaí van as receitas cortesía de Vasesa e María José. GRACIÑAS!!

Banoffee: (Vanesa)

Ingredientes: 400 gr de bolachas dixestivas, 80 gr mantequilla, un bote grande de leite condensado, 400 gr de nata para montar, 3 o 4 plátanos, 150 gr de azucre (3 culleriñas como moito), virutas de chocolate ou colacao.

Elaboración: Poñemos o leite condensado a cocer ao baño maría durante 2 horas.
Montamos a nata e botámoslle azucre e a metemos na neveira.
Trituramos as bolachas e as misturamos coa mantequilla derretida ata que quede unha masa.
Envorcamos nun molde desmontable e esmagamos con un culler para que quede homoxéneo.
Cortamos los plátanos en rodaxas e tapamos a base de bolacha, enrriba poñemos o doce de leite.
Engadimos a nata cunha espátula.
Espolvoréamos o chocolate e a metemos na nevera ata o momento de servir.


 
Flan de castañas (Mª José)
Ingredientes: 4 ovos, 3 tazas de leite, 250 gr. azucre, 500 gr de castañas, canela en rama e media taza de nata para montar.
Elaboración: damos un corte ás castañas, e as cocemos a medias, pelámolas, escurrímolas e reservamos.
Engadimos as castañas áo leite e o levamos a ferver, unha vez cocidas o pasamos polo pasapuré e reservamos, batimos os ovos co azucre restante e engadimos a masa das castañas, colocamos nun molde para flan, previamente caramelizado, ponse ao baño maría durante 40 min, déixase enfriar, móntase a nata e se decora.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario