Levamos xa varias semanas dándolle á cociña creativa nas clases de Apoio Domiciliario, pese as poucas cousas coas que contamos, a nosa imaxinación e arte culinaria non ten medida, se non mirade que pinta teñen os últimos postres que realizamos, e para que non morrades coa envexa, velaí van as receitas cortesía de Vasesa e María José. GRACIÑAS!!
Banoffee: (Vanesa)
Ingredientes: 400
gr de bolachas dixestivas, 80 gr mantequilla, un bote grande de leite
condensado, 400 gr de nata
para montar, 3 o 4 plátanos, 150 gr de azucre (3 culleriñas como
moito), virutas de chocolate ou colacao.
Elaboración: Poñemos o leite
condensado a cocer ao baño maría durante 2 horas.
Montamos a nata e
botámoslle azucre e a metemos na neveira.
Trituramos as bolachas e as misturamos coa mantequilla derretida ata que quede
unha masa.
Envorcamos nun
molde desmontable e esmagamos con un culler para que quede
homoxéneo.
Cortamos los
plátanos en rodaxas e tapamos a base de bolacha, enrriba poñemos o
doce de leite.
Engadimos a nata
cunha espátula.
Espolvoréamos o
chocolate e a metemos na nevera ata o momento de servir.
Flan de castañas (Mª José)
Ingredientes: 4
ovos, 3 tazas de leite, 250 gr. azucre, 500 gr de castañas, canela
en rama e media taza de nata para montar.
Elaboración: damos
un corte ás castañas, e as cocemos a medias, pelámolas,
escurrímolas e reservamos.
Engadimos as
castañas áo leite e o levamos a ferver, unha vez cocidas o pasamos
polo pasapuré e reservamos, batimos os ovos co azucre restante e
engadimos a masa das castañas, colocamos nun molde para flan,
previamente caramelizado, ponse ao baño maría durante 40 min,
déixase enfriar, móntase a nata e se decora.